fernandez "20" CD

fernandez "20" CD
CD ya en venta

Lieraturas NOTICIAS en tu idioma

lieraturasnoticias
en su idioma,in your language,dans votre langue,in Ihrer Sprache,på ditt språk,на вашем языке, 在你的语言,no seu idioma EnglishFrenchGermanRussianPortugueseChinese Simplified

viernes, 11 de diciembre de 2015

22.- A GRANDE VOZ DA ROMANÍA XUNTO A UN DOS MELLORES POETAS DA COSTA DA MORTE: ANA BLANDIANA E MIRO VILLAR



A GRANDE VOZ DA ROMANÍA XUNTO A UN DOS MELLORES POETAS DA COSTA DA MORTE: ANA BLANDIANA E MIRO VILLAR
 


Chega a terceira e última sesión outonal de POETAS DI(N)VERSOS, un novo recital poético dentro do ciclo mensual que está a celebrar o seu sétimo ano consecutivo, e que continuará estendéndose ata xuño.
O próximo luns 14 de decembro, coma sempre ás 20:30h no Auditorio do Ágora da Coruña, un man a man de altura achegará poesía en galego e en romanés para todos e todas as interesadas. O acto durará arredor dunha hora e, aos poemas estranxeiros, seguiranos traducións ao galego realizadas expresamente pola directora do ciclo, a tamén poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño. Ademais e como vén sendo habitual na alianza de POETAS DI(N)VERSOS coas librarías de barrio coruñesas, un novo establecemento de proximidade achegará ao público asistente os títulos dos convidados, ofrecendo a posibilidade de levar para casa as súas sinaturas.
Nesta sesión decembrina, os protagonistas chegan de extremos opostos de Europa, pero comparten unha mesma capacidade para tocar problemáticas colectivas, sociais e humanas sen abandonar nin por un intre o máis refinado lirismo. Trátase de Miro Villar (1965), unha das cabezas visibles do xa mítico colectivo poético “Batallón Literario da Costa da Morte”, doutor en Teoría Literaria e Literatura Comparada e profesor de lingua e literatura galegas ademais de narrador, poeta, tradutor, autor de obra infanto-xuvenil, estudoso e crítico literario. Responsable dun blog literario que fora Premio da AELG (www.crebas.blogaliza.org), é un dos autores máis rigorosos da chamada “Xeración dos 90”, e un dos poucos que ten cultivado na contemporaneidade o metro clásico. El fará parella poética coa gran dama da poesía de Romanía, Ana Blandiana. Nada en Timisoara en 1942, constitúe unha das conciencias artísticas e cívicas máis importantes de Europa do Leste, e o seu é un nome xa lendario nas Letras Romanesas. Autora de vinte e seis libros de poemas, relatos, novela e ensaio, son xa 46 obras as traducidas ata a 24 linguas distintas. Destacada opositora ao réxime de Ceaucescu, e mesmo se os seus poemas circulaban en miles de exemplares de maneira clandestina, os seus libros estiveron prohibidos no seu país dende 1959 ata 1964, e tamén en boa parte da segunda metade dos anos oitenta, polo que foi no exterior que recibiu o recoñecemento merecido. Hoxe é a pluma máis internacional do seu país e ostenta o título de Chevalier de la Legion d’Honneur da República Francesa.


Será unha lectura pública –aberta e gratuíta– de poemas en galego e romanés capaz de cativar a propios e estraños, e na que a Concellería de Culturas da Coruña segue apostando por un xénero aparentemente minoritario pero cargado de emoción e conexión co público. POETAS DI(N)VERSOS ronda o centenar de persoas de público de xeito mensual, e acadara o Premio da Crítica Galicia á mellor Iniciativa Cultural de 2014.

No hay comentarios:

Jim & jhon