
RECITAL POÉTICO DE YOLANDA CASTAÑO
NA CORUÑA PARA O 14 DE FEBREIRO
Un clásico que nunca falla:
poesía para o día de San Valentín. Tal vez como aperitivo a unha cea romántica,
ou a unhas copas inaugurando a fin de semana. Este próximo venres día 14 de
febreiro, a escritora compostelá-coruñesa
Yolanda Castaño ofrecerá unha lectura de poemas íntima e especial. Un recital
‘unplugged’: contacto directo, voz e palabra sen máis aditivos, nunha
ocasión ‘exclusiva’ para lectores, seguidores e amigos da poeta.
Será na sala Extramuros (“Espazo de
Colisións Artísticas”), sita no baixo do número 8 da rúa Monforte, fronte ós
Novos Xulgados (case esquina con Alfonso Molina), ás 20:30h e con entrada a 4€.
Unha ocasión especial na que compartirá algúns dos seus textos máis recentes,
incluíndo un pequeno adianto do que en poucas semanas será publicado no seu novo libro, “A segunda lingua”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario