Lieraturas NOTICIAS en tu idioma
domingo, 4 de marzo de 2012
29.- “POETAS DIN(V)ERSOS”: RECITAL DE CONTRASTES ENTRE ANXO ANGUEIRA E ADA SALAS
(Entre as 18:30h e as 19:30h,no hall do Hotel Zénit habilitarase un espazo e un tempo que os poetas convidados podan dedicar á prensa interesada).
Logo do clamoroso éxito con que o Ciclo “POETAS DI(N)VERSOS” se inaugurou o mes pasado –nun Ágora que acollía preto de douscentos ouvintes de poesía-, este próximo luns 5 de marzo ás 20:30h terá lugar o segundo recital do ano, protagonizado pola estremeña Ada Salas e o galego Anxo Angueira.
Será un novo encontro marcado polo contraste entre a declamación rebordante de Anxo Angueira e a contención reflexiva e evocadora da autora de La sed. Unha vez máis, un/ha poeta en galego entra en diálogo cun/ha poeta de fóra de Galicia, xa sexa do resto de España ou do mundo: un xeito de poñer en valor o propio ao tempo que se abren os ouvidos cara o que se está a facer na literatura contemporánea internacional.
A filóloga cacereña Ada Salas é autora de seis libros de poesía ademais de volumes ensaísticos e de prosas, e está en posesión do Premio Hiperión entre outros moitos galardóns que veñen facendo dela unha figura imprescindible da lírica española actual. Nado na aldea de Manselle (Dodro), Anxo Angueira é profesor da Universidade de Vigo, cidade na que reside. Doutor en Filoloxía, é un gran estudoso especializado no Rexurdimento e na obra de Ferrín e, a parte de narrador e dinamizador literario, ten publicado catro poemarios ata hoxe.
O acto do próximo luns –coma sempre aberto, libre e de balde- moverase ao Auditorio do Ágora ante o éxito de asistencia do mes pasado, e ofrecerá a posibilidade de que os e as asistentes soliciten sinaturas nos seus libros aos poetas convidados.
Así, o único ciclo estable de recitais poéticos que conta en Galicia con poetas de dentro e de fóra do país, consolídase nunha nova sede que o fará estenderse en citas mensuais ata final de curso. A programación, que nacera no outono de 2009, corre a cargo da poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño e vén impulsada polo Concello da Coruña.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario