fernandez "20" CD

fernandez "20" CD
CD ya en venta

Lieraturas NOTICIAS en tu idioma

lieraturasnoticias
en su idioma,in your language,dans votre langue,in Ihrer Sprache,på ditt språk,на вашем языке, 在你的语言,no seu idioma EnglishFrenchGermanRussianPortugueseChinese Simplified

miércoles, 16 de febrero de 2011

98.- A POESÍA VASCA, CONVIDADA XUNTA A GALEGA NO CICLO “POETAS DIN(V)ERSOS” DA CORUÑA

NOTICIAS PATROCINADAS por Literaturas Com Libros ¿QUIERES PATROCINAR ESTAS NOTICIAS? clasecreativa@gmail.com


(Entre as 18:30h e as 19:30h desta, coma de cada unha das xornadas do ciclo, no hall do Hotel NH Atlántico habilitarase un espazo e un tempo que os poetas convidados podan dedicar á prensa interesada).


Un novo encontro reunirá na Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Durán Loriga, 10) da Coruña aos amantes da poesía e mesmo a aqueles/as menos versados/as, que atoparán unha boa oportunidade para familiarizarse con este xénero considerado minoritario pero que está a conformar un nutrido público en Galicia.

Así, o luns 21 ás 20:30h, á audiencia interesada (con entrada libre) non lle será difícil conectar coa poesía emocional, xa doméstica ou xa erótica, da poeta vasca Miren Agur Meabe (Lekeitio, 1962). Nesta nova cita do ciclo mensual de recitais POETAS DI(N)VERSOS da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, ela fará parella co lugués Claudio Rguez. Fer, nun man a man presentado pola directora do ciclo, a poeta, colaboradora de tv e dinamizadora cultural Yolanda Castaño.



A iniciativa, que sobrepasa o centenar de asistentes por sesión, continuará ata o mes de maio no único ciclo estable de lecturas poéticas públicas que conta con autores/as de dentro e fóra de Galicia, e pola que están a pasar algunhas das mellores voces das 5 literaturas da Península Ibérica dende novembro de 2009.

Miren Agur Meabe é unha das autoras máis coñecidas do País Vasco, e foi Premio da Crítica Española no 2001 co exitoso poemario O código da pel. Tamén mestra, editora, narradora, autora de literatura infanto-xuvenil e libros escolares, recibiu o Premio Lauaxeta pola súa traxectoria literaria e profesional. Claudio Rguez. Fer (Lugo, 1956), alén de grande estudoso da literatura con multitude de obras sobre autores europeos e galegos, é ensaísta, narrador e profesor da USC. Ten desenvolvido dende os 80 unha personalísima obra poética atravesada polo erotismo e por un vitalismo libertario.



Tras o dobre recital, poderánse solicitar sinaturas aos autores, cuxas obras permanecerán á venda no pequeno posto habilitado no espazo, atendido nesta ocasión pola coruñesa Libraría Nós.

No hay comentarios:

Jim & jhon