fernandez "20" CD

fernandez "20" CD
CD ya en venta

Lieraturas NOTICIAS en tu idioma

lieraturasnoticias
en su idioma,in your language,dans votre langue,in Ihrer Sprache,på ditt språk,на вашем языке, 在你的语言,no seu idioma EnglishFrenchGermanRussianPortugueseChinese Simplified

domingo, 18 de abril de 2010

211.- O CICLO DE RECITAIS “POETAS DI(N)VERSOS” RECIBE Á LINGUA VASCA

NOTICIAS PATROCINADAS por Literaturas Com Libros ¿QUIERES PATROCINAR ESTAS NOTICIAS? publicidad@literaturas.com

O ciclo de recitais poéticos que dende o pasado novembro recibe na Coruña a un/ha poeta en galego xunta outro/a de calquera das outras catro linguas da Península Ibérica, convida nesta ocasión a un dos máximos renovadores da literatura actual en lingua éuscara. Chegando ás últimas etapas a celebrar dentro deste curso, complétase xa o obxectivo de facer pasar pola Casa da Cultura Salvador de Madariaga da Coruña -sempre nos terceiros martes de mes e en horario de 20:30- a algúns dos mellores escritores da actualidade en galego, castelán, catalán, portugués e vasco.

A cita será o martes 20, no lugar e hora habitual e con entrada libre ata completar aforo, e a ocasión reunirá a dous poetas mozos pero xa cunha aplaudida traxectoria: a ceense María Lado fará parella con Kirmen Uribe, nado en Ondarroa (Bizkaia) e, ademáis de poeta, último gañador do Premio Nacional de Narrativa co seu debut novelístico: Bilbao-New York-Bilbao.

Ela xurdiu do “Batallón Literario da Costa da Morte”, investiga novas canles de difusión para a poesía máis alá da páxina dotando aos seus textos dunha potente dimensión oral e interpretativa e consegue unha expresiva complicidade co lector; el deslumbrara a público e crítica cun poemario traducido en Visor como Mientras tanto dame la mano, ten participado en multitude de encontros literarios arredor de Europa, América e Asia e un dos seus poemas foi escollido por Patxi López para a xura como lehendakari.

Chégase así á sexta edición do único ciclo estable que en Galicia ofrece lecturas públicas de poetas de dentro e de fóra do país, unha cita mensual continuada que está a recibir unha calorosa acollida por parte do público coruñés e galego. As sesións, dirixidas pola poeta Yolanda Castaño para a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña adoitan reunir arredor de 200 lectores e lectoras que aproveitan tamén a ocasión para mercar e solicitar sinaturas nos libros dos seus escritores favoritos.

No vindeiro mes terá lugar a última das sesións de “POETAS DI(N)VERSOS”, interrumpido durante os meses de verán para regresar en outubro a dar de novo todo o protagonismo á palabra poética nas voces dos seus creadores/as.

(Entre as 18h e as 19:30 de cada unha das xornadas do ciclo, no hall do Hotel NH Atlántico habilitarase un espazo e un tempo que os poetas convidados podan dedicar á prensa interesada).

Jim & jhon