Encontro poético MADRID - GALICIA en Ribadeo este próximo venres
3 de xuño ás 20:30h
Un man a man poético entre recoñecidos autores de Madrid e de Galiza,
con Ribadeo como sede.
O xa tradicional intercambio poético impulsado pola Asociación “Piedra de Molino” fai da Mariña lugar de encontro para a súa edición dedicada á poesía galega. Un recital poético colectivo aberto e gratuíto para todo o mundo interesado, en galego e castelán.

Supón unha oportunidade de que os autores convidados coñezan máis de
preto a Mariña e o seu tecido cultural.
Unha flamante ocasión de gozar da mellor poesía interpretada en vivo polos seus propios autores/as.
Unha flamante ocasión de gozar da mellor poesía interpretada en vivo polos seus propios autores/as.
Contaremos cos mariñáns Xavier R. Baixeras e Olalla Cociña así como tamén cunha das poetas máis prolíficas da lírica galega contemporánea, Yolanda Castaño. Desde Madrid chegarán autores xa consagrados como Jorge de Arco, Vanessa Pérez-Sauquillo e Carlos Aganzo.
Despois dunha visita pola nosa vila, o venres 3 de xuño ás 20.30 horas
estarán estas autores e autores no Cine-Teatro para ofrecer un recital poético
en que entran en xogo dúas literaturas tan próximas como a galega e a castelá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario