fernandez "20" CD

fernandez "20" CD
CD ya en venta

Lieraturas NOTICIAS en tu idioma

lieraturasnoticias
en su idioma,in your language,dans votre langue,in Ihrer Sprache,på ditt språk,на вашем языке, 在你的语言,no seu idioma EnglishFrenchGermanRussianPortugueseChinese Simplified

miércoles, 17 de abril de 2013

238.- O ÚNICO CICLO POÉTICO EN ESPAÑA CON AUTORES LOCAIS E INTERNACIONAIS CONTINÚA ATA XUÑO

PORTADA_74M





POETAS DI(N)VERSOS, a coidada programación poética impulsada pola Concellería de Cultura do Concello da Coruña e dirixida pola poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño continúa con novas citas mensuais ata xuño. O ciclo de recitais poéticos dobres que comezara co curso académico en outubro, rematará tamén con el, tras o último trimestre de versos recitados nas súas linguas orixinais. Poetas de Italia, os Balcáns e Brasil recitarán no Ágora da Coruña nos próximos meses, sempre a carón dunha figura galega, en sesións gratuítas e abertas a todo o mundo, coa vontade de achegar á cidadanía coruñesa e galega un xénero aínda considerado minoritario. Sempre na procura da máxima calidade literaria, tanto como da maior diversidade a nivel de xénero, xeración, estilo e forma de concibir a poesía, POETAS DI(N)VERSOS ofrece unha mostra ampla e representativa do que se está a producir na poesía contemporánea mundial ao tempo que pon en valor a escrita en galego. O ciclo, que conta xa catro anos de existencia e un notable público de seu, constitúe a única programación estable de poesía de toda España que inclúe poetas internacionais, neste caso ademais dos locais.

De xeito máis inmediato, un poeta vigués e outro xenovés amosarán o seu traballo o luns 22 de abril ás 20:30h. Manuel Forcadela e Claudio Pozzani demostran que a vontade experimental e o emprego de outros recursos expresivos para enriquecer a poesía non son só patrimonio das últimas fornadas de creadores. Autores xa veteranos en italiano e galego, os dous introducirán elementos sonoros ou videográficos na súa actuación. Ao mes seguinte, o luns 6 de maio, a poeta viveirense Olalla Cociña unirase a unha das grandes promesas da poesía en Europa. O macedonio Nikola Madzirov é un dos nomes imprescindibles da poesía europea dos próximos anos, e chegará estreando o que será o seu primeiro libro traducido ao castelán, publicado polo prestixioso selo de Pre-Textos. A sesión de xuño promete sorpresas para pechar o ciclo: creadores que tenden a man a outras linguaxes creativas para expresar o poético. Branca Novoneyra apoia os seus versos na danza contemporánea e o brasileiro Márcio-André faino no son e na performance. Será o luns 3 de xuño no lugar e hora de sempre.

Así se pechará unha xeira de lecturas poéticas nas que se seguirá podendo gozar de traducións dos poemas estranxeiros, de solicitar sinaturas ao remate e -en xeral- de contar cun contacto directo con algúns dos e das mellores poetas actuais de todo o mundo.

No hay comentarios:

Jim & jhon