fernandez "20" CD

fernandez "20" CD
CD ya en venta

Lieraturas NOTICIAS en tu idioma

lieraturasnoticias
en su idioma,in your language,dans votre langue,in Ihrer Sprache,på ditt språk,на вашем языке, 在你的语言,no seu idioma EnglishFrenchGermanRussianPortugueseChinese Simplified

sábado, 9 de junio de 2012

148.- UN POETA GALEGO E OUTRO INDIO NO ÚLTIMO RECITAL DE “POETAS DI(N)VERSOS”




UN POETA GALEGO E OUTRO INDIO NO
ÚLTIMO RECITAL DE “POETAS DI(N)VERSOS”

A única programación poética que –de xeito estable- presenta un/ha poeta galego/a e outro/a internacional en Galicia toca ao seu fin. POETAS DI(N)VERSOS interromperá as súas citas mensuais durante os meses estivais e volverá en outubro cunha nova edición do ciclo de recitais dobres.
O broche final poñerano dous autores moi completos pero de xeografías ben afastadas. O ourensán Franciso X (Chisco) Fernández Naval fará dúo co indio Sudeep Sen. O primeiro reside dende hai 30 anos na Coruña e traballa como funcionario da administración, o visitante imparte aulas de Literatura Inglesa na Universidade de Delhi. O Premio Xerais de Novela, Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, e Premio “Cidade de Ourense” en dúas ocasións, establecerá así un man a man cunha das voces máis representativas dentro da nova xeración de autores indios en lingua inglesa.
Será o próximo luns 11 de xuño ás 20:30h, no Auditorio do Centro Ágora da Coruña. Nun espazo aberto e gratuíto para todos os amantes ou curiosos pola mellor poesía feita tanto no país coma no resto do mundo. Con este motivo editarase un novo folleto políptico, e convidarase a unha das librarías da cidade a que poña exemplares dos convidados a disposición daqueles que queiran solicitarlles sinatura.
Ademais, o tamén editor Sudeep Sen, vén de tirar do prelo unha informal pero coidada selección dos seus poemas en edición bilingüe inglés-galego, grazas ás traducións da directora do ciclo -a tamén poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño, cuxos vertidos ao galego soarán no acto do día 11.
O ciclo impulsado pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña acadou en todas as súas sesións unha chamativa asistencia, demostrando que en tempos de crise segue a existir sempre un lugar para a poesía.

No hay comentarios:

Jim & jhon