fernandez "20" CD

fernandez "20" CD
CD ya en venta

Lieraturas NOTICIAS en tu idioma

lieraturasnoticias
en su idioma,in your language,dans votre langue,in Ihrer Sprache,på ditt språk,на вашем языке, 在你的语言,no seu idioma EnglishFrenchGermanRussianPortugueseChinese Simplified

lunes, 17 de enero de 2011

63.- YOLANDA CASTAÑO EDITA A OBRA REUNIDA DE FARRUCO SESTO EN ESPIRAL MAIOR

NOTICIAS PATROCINADAS por Literaturas Com Libros ¿QUIERES PATROCINAR ESTAS NOTICIAS? publicidad@literaturas.com


Este xoves día 20 terá lugar ás 20h na sede da Real Academia Galega (rúa Tabernas, A Coruña) a presentación da obra “Pequenos encontros, as marcas deixadas. Obra poética reunida (1967-1995)” de Farruco Sesto Novás. Baixo este título compéndianse os nove poemarios individuais escritos en galego até o de agora polo vigués nado en 1943.



No acto intervirán, ademáis do propio autor chegado expresamente de Venezuela, o Presidente da Real Academia Galega e prologuista do libro, Xosé Luís Méndez Ferrín, o editor Miguel Anxo Fernán Vello, Yolanda Castaño como responsable da edición e César Portela, colega de profesión do arquitecto e escritor.



Nesta obra reúnese por fin a obra poética que botara a andar nos anos 60 un autor admirado polos máis veteranos/as pero quizais descoñecido para boa parte da mocidade. Aos seus primeiros libros, tirados do prelo autoxestionado na emigración e distribuídos clandestinamente a unha Galicia sumida na dictadura, sumouse o único título que obtivera –xa nos 80 e grazas a Leliadoura- unha difusión normalizada, e ao que se engaden outros dous inéditos asinados nos anos 90, poemas dispersos e mesmo cancións popularizadas por Pilocha ou “Luar na Lubre”.



Así, dende que marchou con 18 anos a unha Venezuela onde estudaría arquitectura e acabaría por converterse nun reputado profesional, Farruco Sesto non abandonaría en ningún momento o cultivo da literatura en galego, que foi quen de compatibilizar cos cargos de Ministro que vén ocupando dende hai anos no seu país de adopción. Del chegou a escribir Ferrín no ano 80 “Farruco Sesto é o mellor poeta galego vivo, como case ninguén sabe”.



Ao coidado da poeta galega Yolanda Castaño quedou a edición deste volume de 240 páxinas que ve a luz baixo o selo de Espiral Maior. Ela é así mesmo autora do glosario e do estudo introdutorio arredor do poeta e do seu contexto. Deste xeito, Castaño retoma a súa faceta filolóxica fóra das pantallas de televisión, ocupándose da xestión, compilación, corrección e actualización lingüística deste legado literario dun autor largamente admirado por moitos/as, mais aínda enigmático para outros/as.

Jim & jhon