fernandez "20" CD

fernandez "20" CD
CD ya en venta

Lieraturas NOTICIAS en tu idioma

lieraturasnoticias
en su idioma,in your language,dans votre langue,in Ihrer Sprache,på ditt språk,на вашем языке, 在你的语言,no seu idioma EnglishFrenchGermanRussianPortugueseChinese Simplified

viernes, 7 de diciembre de 2012

45.- Poesía en galego e francés en POETAS DI(N)VERSOS



POESÍA GALEGA E CANADENSE EN POETAS DI(N)VERSOS:
A RABIA E A DOR EN LUVAS DE SEDA
(Entre as 18:30h e as 19:30h no hall do hotel NH Atlántico habilitarase un tempo e un espazo que os poetas poderán dedicar á posible prensa interesada).

O Ciclo POETAS DI(N)VERSOS que promove a Concellería de Cultura da Coruña e dirixe a poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño chega xa á súa terceira sesión. Neste mes de decembro, a cita terá lugar o próximo luns 10 ás 20:30h, unha vez máis no Auditorio do Centro Ágora da Coruña (rúa Ágora, s/n).
Nesta ocasión, a dobre lectura de poemas reunirá a unha poeta en galego e outra en francés: a voz da coruñesa Emma Pedreira unirase á da quebequesa Carole David, chegada a Galicia por vez primeira e directamente dende o Canadá. Será unha nova ocasión aberta e gratuíta de gozar da mellor literatura galega e universal, na voz das súas propias autoras (no idioma orixinal, pero coma sempre contando tamén con traducións no caso da visitante) e coa posibilidade de solicitar sinaturas nos exemplares dos seus libros que se ofrecerán á venda tras o acto. Unha nova acción capaz de poñer en valor a produción literaria local e, ao tempo, abrir os ouvidos cara todo o que se está a facer no resto do mundo.
A coruñesa Emma Pedreira é a poeta máis prolífica e premiada da súa xeración –a dos 90- e ten no seu haber nove libros de poesía, practicamente a razón de premio por libro. Mais ten tamén publicado narrativa e impartido obradoiros literarios. Pola súa banda, a escritora francófona Carole David naceu en Montreal en 1954 e seis libros de poemas, dúas novelas e un volume de relatos construíron o seu impecable pedigree literario. Foi tamén profesora universitaria, columnista, membro de varios consellos de redacción, asesora para editoriais ou presidenta da Casa da Poesía de Montreal. Moi premiada no seu país pero practicamente descoñecida na Península Ibérica, os seus libros está traducidos maiormente ao inglés e ao italiano. Dúas singularísimas autoras que revisten de aparente dozura a dor, a rabia e mais o esgazo.
A única programación poética estable con autores de dentro e fóra do país coa que se conta en Galicia continuará con novas citas mensuais ata o mes de xuño. En breve desvelarase o contido do novo trimestre, que comezará en xaneiro –o día 14- coa ourensá Chus Pato nun imperdible man a man coa exipcia Iman Mersal.


No hay comentarios:

Jim & jhon