fernandez "20" CD

fernandez "20" CD
CD ya en venta

Lieraturas NOTICIAS en tu idioma

lieraturasnoticias
en su idioma,in your language,dans votre langue,in Ihrer Sprache,på ditt språk,на вашем языке, 在你的语言,no seu idioma EnglishFrenchGermanRussianPortugueseChinese Simplified

sábado, 13 de marzo de 2010

122.- DOUS ‘POETAS DI(N)VERSOS’ QUE NON DEIXAN INDIFERENTE A NINGUÉN

NOTICIAS PATROCINADAS por Literaturas Com Libros ¿QUIERES PATROCINAR ESTAS NOTICIAS? publicidad@literaturas.com

(Entre as 18h e as 19h de cada unha das xornadas do ciclo, no hall do Hotel NH Atlántico habilitarase un espazo e un tempo que os poetas convidados podan dedicar á prensa interesada).

O martes 16 terá lugar a quinta sesión do ciclo de recitais “POETAS DI(N)VERSOS” organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de A Coruña e dirixido pola poeta Yolanda Castaño. Nesta ocasión, o dúo de convidados estará formado por dous escritores dotados de marcadas personalidades e singulares traxectorias: a focense Luísa Castro e o madrileño Luis Alberto de Cuenca.

A primeira compatibiliza dende a poesía en galego á narrativa en castelán, ademáis de colaborar con artigos de opinión en medios galegos coma ‘La Voz de Galicia’, ‘Diario de Pontevedra’ ou ‘El Progreso’. Residente en Santiago na actualidade, a autora de Baleas e Baleas (1988) ou Amor mi señor (2005) ten acadado premios de novela como o Herralde, o Azorín ou o Torrente Ballester e de poesía como o Hiperión, o Juan Carlos I ou o accésit do Esquío, e representa un dos nomes máis influíntes para unha boa parte da poesía galega moza.



Luis Alberto de Cuenca, profesor de investigación do CSIC, doutor en Filoloxía Clásica, tradutor e ensaísta, conxuga o absoluto favor do público cunha fecunda obra que non deixa de mixturar con mestría o culto e o desenfadado, o circunstancial e o transcendente, case sempre coa mesma elegancia que ironía. Combinan nel tamén o rigor de quen ten ocupado cargos coma o de Director da Biblioteca Nacional ou o de Secretario de Estado –entre os anos 1996 e 2004- xunta a frescura do máis enxeñoso creador.

A cita terá lugar unha vez máis ás 20:30h no atrio da Casa da Cultura Salvador de Madariaga (rúa Durán Loriga), nun acto con entrada libre e no que será posible mercar ou solicitar sinaturas nos títulos dos autores convidados.


O ciclo “POETAS DI(N)VERSOS” foi inaugurado no pasado novembro e establece citas mensuais nas que, cada terceiro martes de mes e de xeito estable, é posible escoitar de xeito directo ás mellores voces poéticas nas 5 linguas da Península Ibérica. A iniciativa –única en Galicia con estas características e ampliada ata o mes de xuño- está a obter unha excelente resposta, contando asistencias mínimas de 200 persoas por recital e demostrando que no noso país se pode contar cun público propio para a poesía.

(Entre as 18h e as 19h de cada unha das xornadas do ciclo, no hall do Hotel NH Atlántico habilitarase un espazo e un tempo que os poetas convidados podan dedicar á prensa interesada).

Jim & jhon