fernandez "20" CD

fernandez "20" CD
CD ya en venta

Lieraturas NOTICIAS en tu idioma

lieraturasnoticias
en su idioma,in your language,dans votre langue,in Ihrer Sprache,på ditt språk,на вашем языке, 在你的语言,no seu idioma EnglishFrenchGermanRussianPortugueseChinese Simplified

miércoles, 16 de mayo de 2012

163.- TODO UN PREMIO PULITZER DE POESÍA




TODO UN PREMIO PULITZER DE POESÍA
NO CICLO “POETAS DI(N)VERSOS”
(Antes desta sesión, coma do resto de recitais do ciclo, establecerase un espazo e un tempo no que os poetas convidados podan atender á prensa interesada: será de 18:30 a 19:30h no hall do hotel NH Atlántico)

O ciclo mensual de recitais poéticos impulsado pola Concellería de Cultura da Coruña vístese de gala ao chegar á súa cuarta sesión por este ano. O luns 21 ás 20:30h, no Auditorio do Ágora, POETAS DI(N)VERSOS recibirá a un dos maiores poetas da Norteamérica contemporánea: Mark Strand. O estadounidense fará dúo co Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e tamén poeta Cesáreo Sánchez Iglesias.
O acto, como é habitual, consistirá nun recital de obra propia, nun man a man aberto a todo o público interesado; unha oportunidade de escoitar magníficos versos lidos en directo polos seus propios autores. A edición dun folleto políptico que se entregará a todos os presentes e a presenza dunha das librarías da cidade completarán un evento no que se poderán solicitar sinaturas aos convidados.
Os desta cuarta sesión de 2012 serán de altura: Mark Strand foi nomeado “Poeta Laureado dos EE. UU.” en 1990, leva case cinco décadas publicando libros de poesía, foi profesor en Universidades como Columbia, Princeton, Harvard e Yale e en 1999 recibiu o prestixioso Premio Pulitzer de Poesía por Blizzard of One (Treboada de un). Con obra publicada en edición bilingüe tamén en España, no acto do día 21 lerá poemas do título que vén de saír do prelo hai poucos días: Case invisible. Os seus textos irán acompañados de traducións ao galego realizadas pola poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño, directora do ciclo.
Protagonizado sempre por unha voz da poesía internacional que se presenta en Galicia, a carón da posta en valor doutra voz en galego, esta última será o luns a do ourensán Cesáreo Sánchez Iglesias. Premio Esquío de Poesía no 2000, é autor de trece títulos de poesía e conta con obra traducida ao castelán, catalán e francés, ademais de significar unha das figuras máis inquedas dentro do movemento asociativo cultural en Galicia, dende finais dos anos setenta ata hoxe.
A única programación estable arredor da poesía galega e internacional coa que se conta en Galicia, volverá o día 11 de xuño para celebrar a súa última cita antes da paréntese estival.

No hay comentarios:

Jim & jhon