Páginas

jueves, 9 de abril de 2015

68.- A autora e activista támil Thamizhachi chega a Galicia!



Ola a todas/os!

Onte martes, 7 de abril, a autora e activista támil Thamizhachi chegou a Galicia. Thamizhachi, ademais de ser unha das voces máis prestixiosas da escrita poética en lingua támil, é unha traballadora incansable a prol da palabra das mulleres. 
Dende Implicadas no Desenvolvemento animámosvos a participar con nós das actividades que realizaremos con ela os vindeiros días, entre as cales hai encontros, charlas, obradoiros e incluso unha cea.

Cando? Dende hoxe, día 7 ao 14 de abril de 2015

Que? A visita a Galicia de T. Sumathy, coñecida no mundo literario como Thamizhachi Thangapandian. Esta autora e activista ten colaborado con Implicadas nos programas de cooperación ao desenvolvemento en Támil Nadu, e a súa visita a Galicia é unha das actividades que realizamos dende a ONGD no marco do proxecto REACTIV_ARTE. Podedes atopar máis información sobre a autora tanto na súa web, como na páxina web de Implicadas.

Onde? Temos programadas actividades en VigoSantiago de Compostela e A Coruña. Para que os medios poidades facervos eco de todos estes eventos, enviámosvos adxunto o programa* e animámosvos a consultar a sección de eventos da nosa páxina web. 
*Ademais das actividades anunciadas no programa, o domingo día 12 de abril terá lugar unha cea coa autora e con voluntarias da organización. A cea será aberta ao público, no restaurante Da India (A Coruña) e o menú terá un prezo de 15 euros máis as bebidas. 

Máis información: Tanto na nosa páxina web como no Facebook e o Twitter de Implicadas, iremos publicando as novidades e información sobre o día a día da visita. 
Por outra banda, si estades interesadas/os en ampliar a información ou realizar algunha entrevista, podedes contactar con nós:

Yolanda Castaño: 677 078 484
María Reimóndez: 626 604 251

Agradecémosvos de antemán a difusión que poidades facer desta información.

Moitas grazas!


-- 
Comunicación | Implicadas no Desenvolvemento

No hay comentarios:

Publicar un comentario