Páginas

jueves, 2 de junio de 2016

39.- Intercambio Poético Madrid - Galicia na Mariña




Encontro poético MADRID - GALICIA en Ribadeo este próximo venres  3 de xuño ás 20:30h 
Un man a man poético entre recoñecidos autores de Madrid e de Galiza, con Ribadeo como sede.
O xa tradicional intercambio poético impulsado pola Asociación “Piedra de Molino” fai da Mariña lugar de encontro para a súa edición dedicada á poesía galega. Un recital poético colectivo aberto e gratuíto para todo o mundo interesado, en galego e castelán.
Supón unha oportunidade de que os autores convidados coñezan máis de preto a Mariña e o seu tecido cultural.
Unha flamante ocasión de gozar da mellor poesía interpretada en vivo polos seus propios autores/as.

Contaremos cos mariñáns Xavier R. Baixeras e Olalla Cociña así como tamén cunha das poetas máis prolíficas da lírica galega contemporánea, Yolanda Castaño. Desde Madrid chegarán autores xa consagrados como Jorge de Arco, Vanessa Pérez-Sauquillo e Carlos Aganzo.


Despois dunha visita pola nosa vila, o venres 3 de xuño ás 20.30 horas estarán estas autores e autores no Cine-Teatro para ofrecer un recital poético en que entran en xogo dúas literaturas tan próximas como a galega e a castelá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario