Páginas

lunes, 4 de abril de 2011

57.- A SESIÓN MÁIS MODERNA DO CICLO DE RECITAIS “POETAS DI(N)VERSOS” DA CORUÑA

NOTICIA PATROCINADAS ¿QUIERES PATROCINAR ESTAS NOTICIAS? clasecreativa@gmail.com


(Entre as 18:30h e as 19:30h desta, coma de cada unha das xornadas do ciclo, no hall do Hotel NH Atlántico habilitarase un espazo e un tempo que os poetas convidados podan dedicar á prensa interesada).


Dentro do Ciclo “POETAS DI(N)VERSOS” da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, o próximo luns 11 de abril ás 20:30h terá lugar unha sesión que non deixará indiferente a ninguén e que dende logo cativará aos máis vangardistas.



No espazo habitual da Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Durán Loriga, 10) reuniranse nesta ocasión –a quinta deste curso- o galego Estevo Creus e o catalán Eduard Escoffet, dous representantes da poesía máis experimental que se produce hoxe en día nos extremos do norte peninsular.



O primeiro naceu na Costa da Morte e, despois de darse a coñecer como poeta nos anos 90, fíxose acreedor dos Premios Miguel González Garcés da Deputación da Coruña, Eusebio Lorenzo Baleirón e mais o Fiz Vergara Vilariño. Fundador da editorial de poesía para novos valores “Letras de Cal” e do grupo de teatro Talía, nos últimos anos anda á procura de novos horizontes para a expresión poética, investigando na performance, na autoedición dixital, na videocreación ou colaborando con espectáculos de danza. Pola súa banda, o barcelonés é axitador cultural e un dos maiores revolucionadores da escena poética catalá dos últimos tempos, teimando en rexeitar o formato libro e cultivando en cambio a poesía visual, oral, a instalación e a performance poética. Escoffet ten presentado estas prácticas poéticas contemporáneas por escenarios de Europa, América e Asia mentras impulsa multitude de iniciativas coma o Festival de Poesía de Barcelona ou a sección de poesía do programa “Nostromo” de La2.



Estes dous poetas nacidos nos anos 70 farán sorprendentes interpretacións dos seus textos para todo o público interesado, e poderán asinar os libros que esta vez ofrecerá a Libraría Sisargas. Será un novo encontro aberto e gratuíto conducido pola directora da iniciativa, a poeta Yolanda Castaño, nunha programación estable e mensual que concluirá no próximo mes de maio, previsiblemente co mesmo éxito de asistencia que recada dende novembro de 2009.

No hay comentarios:

Publicar un comentario